PREINSCRICIÓN PARA AS PROBAS DE ACCESO A OUTROS CURSOS DIFERENTES DE 1º DE GRAO ELEMENTAL E 1º DE GRAO PROFESIONAL
Nesta sección atopará toda a información relativa ás
probas de acceso a 2º, 3º e 4º curso de Grao Elemental así como a 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Grao Profesional.
Toda a información sobre a lexislación, as prazas vacantes de acceso, a adxudicación de especialidades, as datas e lugares das probas, etc. poderá consultala neste mesmo espacio, que irá sendo actualizado segundo se acheguen as datas das probas.
A preinscrición para as probas de acceso a outros cursos farase pódese realizar de moitos xeitos diferentes: chamando ó centro, en persoa ou por correo electrónico e é un requisito fundamental para poder inscribirse nas probas.
⇒PRAZOS E DATAS IMPORTANTES PARA O ACCESO CURSO 25/26:
- Preinscrición ás probas: 22 de abril ao 6 de xuño
- Matrícula para as probas: 13 de xuño (avisarase previamente)
- Publicación da listaxe de aspirantes e dos tribunais de acceso (data e hora): 16 de xuño
- Data previsible das probas: 17 e 18 de xuño
- Publicación resultados: 19 de xuño
- Matrícula admitidos: 19 e 20 de xuño a través de Centros.Net